Galiza Metálica
Metal en galego e portugués, sen fronteiras.
Programa de radio creado por Patty Castro en outubro de 2021, actualmente semanal e de 3 horas de pura potencia. Conducido por Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Metal Radio Show), unha parella dentro e fóra das ondas.
O noso obxectivo: dar visibilidade ao metal galego, ibérico e latinoamericano, fusionando culturas e linguas. Destacamos tamén a sección “Mulleres Galegas Kañeras”, para poñer en primeira liña ás mulleres do metal galego e internacional.
Metalizando á rapazada: con Aldara e Ariadna, achegamos o metal ás novas xeracións e prep...